Festas da Peregrina en Pontevedra

As Festas da Peregrina son a semana grande do verán en Pontevedra. A cidade celebra a Virxe Peregrina con actos no santuario, concertos nas prazas, pasarrúas polo casco histórico e atraccións na Alameda e na avenida de Raíña Vitoria.

Cando son as Festas da Peregrina?

Celébranse en agosto, arredor do segundo domingo do mes, día grande da Virxe Peregrina. O pregón adoita marcar o comezo da semana grande, e pode haber actividades antes ou despois dos días centrais. As datas exactas dependen do programa de cada ano. Festas en Visit Pontevedra.

Festas da Peregrina 2027

As datas da semana grande, o cartel de concertos e os horarios están pendentes de confirmación. Axenda oficial das Festas da Peregrina.

Para ver como foi a última edición, podes consultar o especial de verán de 2026 e a recopilación de concertos e actividades da Peregrina 2026.

Historia da Peregrina e do seu santuario

A devoción á Virxe Peregrina medrou na desaparecida capela da Virxe do Camiño, onde tiña un altar propio. A primeira pedra do santuario actual colocouse en 1778 e o templo foi bendicido en 1794. A planta en forma de vieira lembra o Camiño de Santiago, e o santuario está no trazado do Camiño Portugués pola cidade. Historia do santuario en Visit Pontevedra.

A festa xa marcaba o calendario da cidade cando o Museo de Pontevedra abriu ao público o 10 de agosto de 1929, na véspera da festividade da Virxe Peregrina. Memoria do Museo de Pontevedra.

Que ver durante as festas

Pregón, ofrenda e procesión. O pregón desde a Casa do Concello reúne a xente na praza de España. A ofrenda floral e a procesión da Virxe levan a celebración á praza da Peregrina e á súa contorna. Programa municipal de 2016.

Concertos e música na rúa. A praza de España e a Ferrería son dous dos escenarios habituais. Os pasarrúas e as actuacións no Teucro e noutras prazas permiten seguir a festa a pé polo casco histórico. Festas en Visit Pontevedra.

Atraccións e plans en familia. A Alameda e a avenida de Raíña Vitoria acollen as atraccións. O programa adoita incluír espectáculos infantís, xogos ou maxia, con horarios e espazos que cambian segundo a edición. Actividades da edición de 2026.

Carteis históricos das Festas da Peregrina

Desde os primeiros bosquexos ata os deseños impresos, os carteis permiten ver como cambiou a maneira de anunciar as festas. Nesta selección pódese seguir un motivo que reaparece en distintas épocas: o santuario, ben como edificio ou a través da súa vieira.

A galería reúne carteis, anuncios e programas conservados en ATOPO. Selecciona unha imaxe para ampliala.

1875 · Programa da Divina Peregrina

1875 · Programa da Divina Peregrina

A congregación da Peregrina anuncia as funcións dos días 7 ao 10 de agosto. Imprenta de José M. Madrigal.

Deputación de Pontevedra · ATOPO · Arquivo do Museo de Pontevedra · Casal, 20-11

1880 · Programa da Exposición Rexional

1880 · Programa da Exposición Rexional

Cuberta do programa de festexos do 5 ao 20 de agosto, durante a Exposición Rexional de Pontevedra. Imprenta de A. Landín.

Deputación de Pontevedra · ATOPO · Arquivo do Museo de Pontevedra · Casal, 20-11

1882 · Programa da Peregrina e San Roque

1882 · Programa da Peregrina e San Roque

Cuberta do programa do 12 ao 20 de agosto. Imprenta de José Alfredo Antúnez.

Deputación de Pontevedra · ATOPO · Casal, 20-12

1888 · Programa de festexos

1888 · Programa de festexos

Cuberta do programa do 11 ao 18 de agosto, impresa por José Alfredo Antúnez.

Deputación de Pontevedra · ATOPO

1891 · Programa xeral de festexos

1891 · Programa xeral de festexos

Cuberta con orla decorativa para as festas do 8 ao 16 de agosto. Tipografía de Luis Carragal y Puga.

Deputación de Pontevedra · ATOPO · Arquivo do Museo de Pontevedra · Casal, 20-13

1894 · As festas da rúa da Ponte

1894 · As festas da rúa da Ponte

Baixo o título Nuestras fiestas, a veciñanza da rúa da Ponte anunciaba o seu propio programa para a Peregrina.

Deputación de Pontevedra · ATOPO · Casal, 20-13

1894 · Cartel taurino

1894 · Cartel taurino

Anuncio das corridas dos días 12 e 13 de agosto. Imprenta de José Eiras García.

Deputación de Pontevedra · ATOPO · Planeiro1, 5-26/1

1895 · Cartel taurino

1895 · Cartel taurino

Anuncio das corridas dos días 11 e 12 de agosto, con Antonio Giménez «Reverte» e Antonio Bravo «El Barquero». Imprenta de José Eiras García.

Deputación de Pontevedra · ATOPO · Arquivo do Museo de Pontevedra · Planeiro1, 5-26/2

1900 · Programa das festas de agosto

1900 · Programa das festas de agosto

Portada interior do programa do 11 ao 21 de agosto. Tipolitografía de Landín.

Deputación de Pontevedra · ATOPO · Casal, 20-13

1901 · Cartel taurino ilustrado

1901 · Cartel taurino ilustrado

Cartel en cor que anuncia a Antonio Fuentes e Ricardo Torres «Bombita Chico». Imprenta litográfica J. Ortega.

Deputación de Pontevedra · ATOPO · Planeiro1, 5-30/2

1903 · Cartel taurino ilustrado

1903 · Cartel taurino ilustrado

Cartel en cor das corridas dos días 9 e 10 de agosto, con «Bombita Chico» e «Chicuelo». Imprenta litográfica J. Ortega, Valencia.

Deputación de Pontevedra · ATOPO · Arquivo do Museo de Pontevedra · Planeiro1, 5-36

1909 · Cartel taurino ilustrado

1909 · Cartel taurino ilustrado

A ilustración amosa o tendido da praza e anuncia a corrida do 8 de agosto con Vicente Pastor e Rodolfo Gaona. Imprenta litográfica J. Ortega, Valencia.

Deputación de Pontevedra · ATOPO · Arquivo do Museo de Pontevedra · Planeiro1, 5-48

1911 · Anuncio de aviación

1911 · Anuncio de aviación

Folla da Comisión de Festexos que anuncia unha exhibición de aviación e indica o prezo dos palcos e das entradas.

Deputación de Pontevedra · ATOPO · Arquivo do Museo de Pontevedra · Casal, 20-15

1911 · Anuncio do certame de orfeóns

1911 · Anuncio do certame de orfeóns

O impreso anuncia un certame coral, unha serenata e unha demostración de aviación. Imprenta de Barros Hermanos.

Deputación de Pontevedra · ATOPO · Casal, 20-15

1911 · Concerto de Quiroga e Granados

1911 · Concerto de Quiroga e Granados

Portada do programa do concerto do 26 de agosto no Teatro Principal. Imprenta de Barros Hermanos.

Deputación de Pontevedra · ATOPO · Casal, 20-15

1911 · Xogos Florais

1911 · Xogos Florais

Cuberta do programa dos Xogos Florais das Festas de Agosto, cunha orla vermella. Imprenta de Barros Hermanos.

Deputación de Pontevedra · ATOPO · Arquivo do Museo de Pontevedra · Casal, 20-15

1926 · Programa de coros galegos

1926 · Programa de coros galegos

Cuberta do programa da Comisión Municipal Popular de Festas. Tipografía de Barros Hermanos.

Deputación de Pontevedra · ATOPO · Museo de Pontevedra · Casal 48/28

1927 · Programa da Peregrina

1927 · Programa da Peregrina

Portada interior do programa que anuncia as festas do 13 ao 21 de agosto, organizadas pola Comisión de Festexos.

Deputación de Pontevedra · ATOPO · Museo de Pontevedra · Casal 48/41

Outros carteis e programas para consultar

Contra 1926 · Luis Pintos Fonseca. O Museo de Pontevedra conserva un bosquexo a lapis e augada de Luis Pintos Fonseca. A ficha relaciona o debuxo co santuario e coa indumentaria popular galega. Inventario 018931. Ficha do bosquexo no Museo de Pontevedra.

1929 · Barreiro. O investigador Eliseo Trenc documenta o cartel das festas de agosto e destaca a simplificación da súa composición. Estudo de Eliseo Trenc.

1935 · Ramón Peña Gil. Ilustrou a cuberta do programa de man das Festas de Agosto. Programa en Vella Pontevedra.

1973 · Cartel das festas. A Biblioteca Pública de Pontevedra incluíuno na súa exposición de programas, pregóns e carteis. Exposición da Biblioteca Pública.

1975 · Zacarías Castro. Unha vieira e dous bastóns de peregrino ocupan o centro do cartel. Zacarías Castro parte dun motivo das vidreiras do santuario e lévao a unha composición circular de cores planas sobre fondo escuro. Impresión de C. Peón. Ver o cartel en AR \ DE, Arquivo do Deseño Galego.

1986 · Cartel da Peregrina. O Arquivo Municipal de Pontevedra conserva unha copia nos seus fondos gráficos. Ficha en ATOPO.

1996 · Ramón García Mercadillo. O Museo de Pontevedra conserva esta peza en témpera e tinta sobre papel. Entre os motivos que recolle a súa ficha están o santuario e un saxofón. Inventario 014919. Ficha do cartel no Museo de Pontevedra.

Scroll ao inicio