Dobre xornada de obradoiros sobre videoxogos en Pontevedra

Sobre este plan
O Edificio Maruxa Mallo de Pontevedra acolle unha dobre xornada de obradoiros sobre videoxogos, organizada no marco do programa Culturgal Emerxente, como antesala da feira Culturgal, que se desenvolverá no Recinto Feiral do 26 ao 20 de novembro.
O programa inclúe un obradoiro de videoxogos e narrativa impartido por Mariña Soto, responsable de Demo Game Jam en Galicia, e outro dedicado á produción musical, a cargo da compositora Iria Iglesias, que participou na creación de música para series e videoxogos feitos en Galicia. Neste segundo obradoiro utilizarase LMMS, unha ferramenta que permite crear música para videoxogos.
Os obradoiros celebraranse o 20 de novembro de 2026, ás 19:00h, no Edificio Maruxa Mallo de Pontevedra. Para inscribirse cómpre enviar un correo electrónico a espiga@espiga.gal.


