Xornada sobre a flora e outros valores naturais da Illa de Tambo en Poio

Sobre este plan
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) organiza en Poio unha charla-coloquio dedicada a divulgar e poñer en valor a flora, a fauna e outros valores naturais da Illa de Tambo e das augas que a rodean.
A actividade contará coa participación dos biólogos Martiño-Fiz López Lindoso e Xurxo Mouriño, que abordarán a riqueza natural deste espazo insular e do seu contorno mariño.
A xornada celebrarase o martes 17 de novembro de 2026, ás 19:30h, na Comunidade de Montes Veciñais en Man Común “Rega dos Agros” de Combarro, Poio. A entrada é de balde.
