Santi González presenta «O mono de ouro» en Pontevedra
O escritor Santi González presenta o seu libro O mono de ouro na Libraría Paz de Pontevedra. O autor estará acompañado por Anxo González Guerra nun encontro literario arredor desta obra de relatos.
O volume reúne trece relatos que exploran o fin último das palabras: chegar á alma das cousas. Dende as falcatruadas dun cativo ata os segredos mellor gardados do cosmos, O mono de ouro propón unha viaxe pola terra do autor e, polo tanto, por cada lector.
A presentación terá lugar o 10 de novembro de 2026, ás 19:00h, na Libraría Paz, Pontevedra. Santi González naceu en Chantada en 1997, estudou Medicina en Santiago de Compostela e compaxina a súa profesión coa escritura.
