Sesión de risoterapia para maiores de 60 anos en Pontevedra
A Escola Pública de Saúde de Pontevedra organiza unha sesión de risoterapia dirixida especialmente a persoas maiores de 60 anos. A actividade combina xogo, expresión corporal, mímica, baile, exercicios de respiración e dinámicas de grupo para favorecer o benestar físico, mental e emocional.
Baixo o lema Risoterapia: rir e compartir, a proposta será impartida por monitorado de Risotadas-Risoterapia e incluirá diferentes exercicios e actividades participativas nun ambiente lúdico e terapéutico.
A sesión celebrarase o 5 de novembro de 2026, de 10:30 a 12:00 horas, na Casa da Luz, Pontevedra. A actividade é de balde, con acceso libre ata completar a capacidade, e non require inscrición previa. A Escola Pública de Saúde, promovida pola Concellería de Benestar Social e coordinada por CEDDD-Galicia, traballa para mellorar a calidade de vida, promover hábitos saudables e fomentar a participación e o coñecemento do tecido sociosanitario e comunitario.
