Home Axenda - enPontevedra Xornadas e Conferencias FEROZ | Conversa sobre deseño de vestiario con Clara Bilbao en Pontevedra
FEROZ | Conversación sobre diseño de vestuario con Clara Bilbao en Pontevedra

FEROZ | Conversa sobre deseño de vestiario con Clara Bilbao en Pontevedra

O luns 16 de novembro, Pontevedra acolle FEROZ, unha conversa sobre deseño de vestiario protagonizada por Clara Bilbao, gañadora de tres Premios Goya e cunha traxectoria de máis de 30 anos creando personaxes a través do vestiario. A actividade propón unha achega ao oficio de figurinista da man dunha das profesionais máis recoñecidas do cinema e as series en España.

A sesión celébrase en colaboración con Debut, a pasarela do máster en Dirección Creativa e Deseño en Moda que se imparte en Pontevedra na Universidade de Vigo. A moderación correrá a cargo de Lola Dopico, coordinadora de dito máster. Bilbao fará un percorrido pola súa traxectoria profesional e o seu traballo en cinema e televisión, con títulos como La sombra de la ley, Nadie quiere la noche, Blackthorn: Sin destino, Patria ou La Fortuna.

A cita comezará ás 19:00h e a entrada é de balde ata completar aforo.

Os plans, no teu correo cada xoves

Recibe a selección da fin de semana de enPontevedra.

Política de privacidad

Cando

O 16 de Novembro ás 19:00h

Scroll ao inicio