Faladoiro con Esperanza Escribano sobre a violencia machista na Deep Web en Pontevedra
A Casa das Campás de Pontevedra acolle o mércores 28 de outubro de 2026, ás 19:00 horas, un faladoiro coa xornalista Esperanza Escribano baixo o título «Violencia machista na Deep Web. Vivir sabendo que a túa exparella quixo matarte».
A charla enmárcase no ciclo Outono Violeta de faladoiros feministas que organiza o Concello de Pontevedra.
A entrada é libre ata completar cabida.
