Exposición «Alén» na Fundación Manuel Moldes de Pontevedra

Exposición «Alén» en la Fundación Manuel Moldes de Pontevedra

Sobre este plan

A Fundación Manuel Moldes presenta Alén, unha exposición en Pontevedra que reúne obras do artista pontevedrés pertencentes a distintas etapas da súa traxectoria. A mostra propón unha reflexión sobre unha Galiza que resiste, celebra e se transforma.

A exposición convida a redescubrir a paisaxe e os elementos tradicionais galegos desde unha perspectiva contemporánea. As súas imaxes transcenden os costumes e a memoria para adquirir novos significados e converterse en símbolos de permanencia, conexión, comunidade e futuro.

Alén poderá visitarse ata marzo de 2027 na Fundación Manuel Moldes, Pontevedra. O horario é os xoves e venres de 18:00h a 21:00h, e os sábados de 12:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Tamén se poden concertar visitas noutros horarios mediante cita previa no teléfono 607 408 482. A inauguración está programada para o 15 de outubro de 2026 ás 19:00h.

Os plans, no teu correo cada xoves

Recibe a selección da fin de semana de enPontevedra.

Política de privacidad

Scroll ao inicio