III Congreso Internacional de Creatividade en Pontevedra
O III Congreso Internacional de Creatividade celébrase no Campus de Pontevedra como parte da especialización do campus CREA, que vincula as titulacións de Belas Artes, Deseño, Comunicación e Educación da Universidade de Vigo na cidade de Pontevedra. O encontro reúne profesionais, investigadores, docentes e académicos relacionados coa arte, o deseño, a educación e a comunicación.
Esta edición propón unha reflexión teórico-práctica sobre os novos desafíos e posibilidades da creatividade contemporánea, con especial atención á súa reconfiguración nun contexto marcado pola intelixencia artificial, a sustentabilidade, a ética dixital e a transformación educativa. O programa inclúe conferencias, mesas temáticas e a presentación de 65 comunicacións.
O congreso terá lugar os días 8 e 9 de outubro de 2026, con inicio ás 09:30 horas, no Campus de Pontevedra.
