Xornada sobre prevención da conduta suicida en Vilagarcía de Arousa
O Salón García de Vilagarcía de Arousa acollerá unha xornada dedicada á prevención da conduta suicida, un encontro de carácter divulgativo e profesional que abordará esta cuestión desde diferentes perspectivas. O programa inclúe varios faladoiros con especialistas en investigación, traballo social sanitario e psicoloxía clínica: a investigadora Paula Frieiro, da UVigo; a traballadora social sanitaria Mónica Gundín; e o psicólogo clínico J. Eduardo Rodríguez. A actividade terá lugar o 10 de setembro de 2026, ás 19:30 horas.
