Concerto de Carlos Núñez en Bueu – Xira “Lugares Máxicos 2026”
Carlos Núñez, o noso gaiteiro máis internacional, convídanos a vivir unha experiencia musical inesquecible na Igrexa de San Martiño de Bueu. No marco da xira “Lugares Máxicos”, celebraremos o 30 aniversario de A Irmandade das Estrelas, o disco que transformou a música celta e se converteu nun fito da nosa cultura.
Este concerto é unha oportunidade única para acompañar a Carlos Núñez nun percorrido sonoro que abarca tres décadas de aventuras e conexións sorprendentes. É unha homenaxe á irmandade musical que resoou por todo o mundo desde entón.
O evento terá lugar o 8 de agosto de 2026 ás 20:00. A entrada é gratuíta para menores de 2 anos se se sentan no colo dos seus acompañantes, e está recomendado para nenos a partir de 5 anos.
