A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra presenta ‘Perpétuo Paredes’
A 17ª Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) de Pontevedra continua a súa programación coa obra Perpétuo Paredes. Este espectáculo teatral e musical está inspirado na vida e obra do guitarrista portugués Carlos Paredes. Terá lugar o próximo xoves 23 de abril ás 20:30 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra, con entrada de balde.
A representación é unha iniciativa do Círculo de Iniciação Teatral da Academia de Coimbra (CITAC), o Teatro de Estudantes da Universidade de Coimbra (TEUC) e a Sección de Fado da Associação Académica de Coimbra (AAC). Baixo a dirección de Zé Paredes, conta coa participación de oito intérpretes e dous músicos que integran fragmentos poéticos de autores como Ana Nogueira, António José Forte, Edmundo Bettencourt e Fernando Pessoa.
A organización do evento corre a cargo da Vicerreitoría do campus, en colaboración co Concello de Pontevedra. As funcións de Miteu ofrecen entrada de balde para o público.
