Obradoiro «Filmando un cadro» na Fundación Manuel Moldes en Pontevedra

Sobre este plan
A Fundación Manuel Moldes de Pontevedra organiza o obradoiro audiovisual Filmando un cadro, impartido polo director, guionista e editor cangués Xoán Fernández Diz. A actividade propón explorar a relación entre o cine e a pintura mediante a gravación das obras da exposición Alén.
Durante a sesión, as persoas asistentes empregaran teléfonos móbiles, cámaras e material cinematográfico para filmar, de maneira individual e colectiva, as pezas que integran a mostra. O obradoiro forma parte do programa Tecendo redes, desenvolvido pola fundación en colaboración coa Deputación de Pontevedra.
O encontro terá lugar o 28 de novembro de 2026, ás 18:30h, na Fundación Manuel Moldes de Pontevedra. A entrada é de balde, con prazas limitadas e inscrición previa a través do correo info@fundacionmanuelmoldes.org. Xoán Fernández Diz naceu en Cangas do Morrazo en 1997, é graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela e cursou o mestrado FRAME en Montaxe Cinematográfica na escola LENS de Madrid. As súas obras participaron en certames como Novos Cinemas, o Festival de Cine de Ourense, o Cheongju International Film Festival de Corea do Sur —onde recibiu o premio do xurado—, o Dharamshala International Film Festival da India e o Chania Film Festival de Grecia.

